PROXECTO MUSICAL:
"CAMPÁS AO VENTO"
INTRODUCIÓN:
Dentro do proxecto anual do centro que, como recordades é a Música, imos traballar un aspecto importante relacionado coa bioloxía: a propagación do son.
Unha das funcións da atmosfera terrestre é permitir a propagación do son polo aire, pois as ondas sonoras non se transmiten no baleiro.
OBXECTIVO: crear un obxecto musical, con material reciclado.
DESENVOLVEMENTO:
- LUNS 26/11: Presentación do proxecto por parte da profesora, explicación de roles e formación de grupos.
- ROLES:
- Coordinador/a: será responsable da marcha do proxecto. Debe coordinar que cada membro do grupo cumpre a súa función.
- Secretario/a: debe anotar no caderno de bitácora todo o relacionado co proxecto: recollida de proptotipos, acordos diarios, obxectivos cumpridos, etc, para entregalo no momento da presentación á profesora.
- Cronos: responsable de marcar o tempo para cada exposición de ideas, votacións, etc.
- Moderador: responsable de marcar os turnos dentro do grupo e durante a presentación do proxecto.
- Decibelio: responsable de controlar o nivel de ruido no grupo. Non debe tolerar máis alá do susurro.
- MARTES 27/11:
- Paso1: chuvia de ideas. Coa axuda do ordenador persoal, cada un dos membros do grupo aporta ideas que serán anotadas polo secretario/a
- Paso 2: O moderador do grupo da paso a cada compoñente para que expoña a súa idea, defendendo o seu proxecto. o responsable do tempo, terá que cronometrar para asegurarse de que todos os compoñentes do grupo poden participar.
- Paso 3: procédese a votación dos proxectos. O resultado será anotado polo secretario/a. En caso de empate, retírase o proxecto menos votado e repítese a votación.
- Paso : co mesmo procedemento anterior, búscase un nome para o proxecto.
- XOVES 29/11:
- Paso1: cada compoñente do grupo debuxa un prototipo do obxecto cun pequeno cambio ou variante, determinando os materiais necesarios pasa a súa creación.
- Paso 2: o coordinador establece unha rolda de cooperación para valorar quen pode traer cada cousa. Repártese o material para o próximo día
- VENRES 30/11
- Procédese á construción do obxecto no taller (ou laboratorio). En función da complexidade, podemos necesitar varias sesións.
- LUNS 3/12: continuación do traballo.
- MARTES 4/12: presentación do proxecto na clase. É importante que na presentación participen todos os compoñentes do grupo.
AVALIACIÓN:
- Este proxecto será avaliado como un exame de trimestre, do 1ao 10.
No hay comentarios:
Publicar un comentario