sábado, 10 de junio de 2017

Programación

aquí os dejo la imagen de la prueba de programción.
También estará colgada en el site, pero por si acaso.
A practicar!!!!

miércoles, 31 de mayo de 2017

HORARIO DE VERÁN

Benqueridos alumnos: 
recordade que mañá comezamos o horario de verán polo que as clases darán comezo as 8:45h e rematarán as 14:10 h. 
Así que xa sabedes, hoxe, un pouquiño máis cedo para cama. 

miércoles, 17 de mayo de 2017

Calendario exámenes e recuperacións 1º ESO


Letras Galegas e Linguaxe de signos

DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Dentro da programación do mes de maio, celebramos onte un sinxelo acto conmemorativo do día das 
Letras galegas onde, despois da lectura da biografía de Carlos Casares, alumnos de 5º de EP recitaron pequenos poemas creados por eles mesmos.


Non faltaron a gaita, o tambor e a pandereta, tan representativos da nosa cultura, e que tocan moi ben Rubén, Gael e Sabela, e cancións populares como Carmiña Carmela. 

Como punto final, escoitamos o Imno galego.



LINGUAXE DE SIGNOS
Todos os alumnos de 1º de ESO queremos agradecerlle a Ana, membro da Asociación de Xordos, o achegamento á linguaxe de signos. Foi unha tarde especial na que poidemos coñecer un pouquiño o día a día dunha persoa xorda. 
Aprendemos a deletrear o noso nome, a pedir perdor, decir quérote, os días da semana, as cores,... 
O máis importante: todos nos quedamos coa sensación de querer aprender máis.
Grazas, Ana.

miércoles, 22 de marzo de 2017

Ciudad y Ciencia: organismos de control biolóxico

Comezamos coas prácticas do proxecto "Ciudad y Ciencia".
Esta práctica permitiranos observar como os insectos, que tantas veces nos incomodan, poden ser grandes aliados para o control de plagas como a do pulgón.
O primeiro paso, sembrar a cebada.
O segundo, esperar  a que a natureza siga o seu curso.
Este é o comezo; quédanos moito por facer a aprender. Espero que vos guste.


CALENDARIO RECUPERACIÓNS 2ª AVALIACIÓN


VISITA AO BUQUE OCEANOGRÁFICO "ÁNGELES ALVARIÑO"


O pasado 17 de marzo, alumnos e alumnas de 1º e 2º de ESO participaron no programa de actividades do centenario Centro Oceanográfico de  Vigo.  O Instituto Oceanográfico Español conmemorou os seus 100 anos de historia con exposicións e visitas guiadas ao buque oceanográfico “Ángeles Alvariño”.

Na visita coñecemos tanto os proxectos de investigación que se están desenvolvendo na actualidade como a súa forma de traballo e o día a día nas campañas a bordo do buque oceanográfico.

A observación directa de exemplares de esponxas mariñas, dinoflaxelados e outras especies tivo como obxectivo a concienciación de todos sobre a importancia do coidado e conservación dos ecosistemas. Entre os proxectos que se están desenvolvendo na actualidade sorprendeunos o de microplásticos na Ría de Vigo.

A parte máis interesante para os alumnos foi coñecer todas as dependencias do buque oceanográfico, sobre todo a ponte de mando.


Agradecemos dende aquí a labor de todos os investigadores e persoal do buque quen , con moito cariño e paciencia, mostráronnos un pouquiño do seu traballo e resolveron ás dúbidas dos rapaces. Grazas.

martes, 7 de marzo de 2017

Cartel Semana da Ciencia

Hace mucho, mucho tiempo.....
se colocaron en el corcho de clase las bases para el concurso del "Cartel de la semana de la Ciencia"
Y no he recibido ninguna propuesta
Resultado de imagen de cara triste gif animado

Aún hay plazo hasta el 31 de marzo, pero os contaría ya para la tercera evaluación. Os animo a todos a leer las bases y participar, pues estoy segura de que sois muy creativos.
Espero vuestras propuestas.