Dentro da programación do mes de maio, celebramos onte un sinxelo acto conmemorativo do día das
Letras galegas onde, despois da lectura da biografía de Carlos Casares, alumnos de 5º de EP recitaron pequenos poemas creados por eles mesmos.
Non faltaron a gaita, o tambor e a pandereta, tan representativos da nosa cultura, e que tocan moi ben Rubén, Gael e Sabela, e cancións populares como Carmiña Carmela.
Como punto final, escoitamos o Imno galego.

Aprendemos a deletrear o noso nome, a pedir perdor, decir quérote, os días da semana, as cores,...
O máis importante: todos nos quedamos coa sensación de querer aprender máis.
Grazas, Ana.
No hay comentarios:
Publicar un comentario