lunes, 28 de mayo de 2018

Científico do CSIC visita o noso cole!!!!

Agricultura sostible na aula


Un ano máis, o noso colexio participa no proxecto Ciudad Ciencia, programa nacional do CSIC para introducir a investigación e o desenvolvemento sostible dentro das aulas. 






Así, os alumnos e alumnas de 1º de ESO e un grupo de 4º de ESO, desenvolveron diferentes prácticas como: 
  • Utilización de compost na horta escolar
  • Capacidade de retención de auga dos diferentes solos.
  • Malerboloxía: identificación e herbario.
  • Amigos ou inimigos do noso cultivo: identificación de insectos.
  • Simbiose leguminosa-rizobio: beneficiosas para as plantas, para as bacterias e para nós.
  • Organismos de control biolóxico: sírfidos.
  • Marxes florales da nosa horta.
Dentro da programación deste ano, o venres 25 de maio recibimos a visita de  Alberto Fereres, Director do Centro de Ciencias Medioambientais de Madrid e pertencente ao CSIC. 
A charla, dirixida aos alumnos e alumnas de 1º e 4º de ESO tiña por título "Métodos para el control integrado de plagas y enfermedades en los cultivos".
O tema captou rápidamente a atención do alumnado pois identificaron axiña o problema na nosa contorna: a afección dos limoeiros, as patacas, etc. 

Unha vez rematada a charla, o investigador visitou o noso laboratorio para ver in situ as prácticas desenvolvidas neste momento polos alumnos/as de 1º de ESO.

Esperamos que, a través destas actividades e charlas quede manifesta a importancia da investigación no desenvolvemento da sociedade e, tal vez, estimule a vocación de moitos futuros científicos. 




Un saludo

No hay comentarios:

Publicar un comentario