O pasado 17 de
marzo, alumnos e alumnas de 1º e 2º de ESO participaron no programa de
actividades do centenario Centro Oceanográfico de Vigo. O
Instituto Oceanográfico Español conmemorou os seus 100 anos de historia con
exposicións e visitas guiadas ao buque oceanográfico “Ángeles Alvariño”.
Na visita coñecemos
tanto os proxectos de investigación que se están desenvolvendo na actualidade
como a súa forma de traballo e o día a día nas campañas a bordo do buque
oceanográfico.
A observación
directa de exemplares de esponxas mariñas, dinoflaxelados e outras especies tivo
como obxectivo a concienciación de todos sobre a importancia do coidado e
conservación dos ecosistemas. Entre os proxectos que se están desenvolvendo na
actualidade sorprendeunos o de microplásticos na Ría de Vigo.
A parte máis
interesante para os alumnos foi coñecer todas as dependencias do buque
oceanográfico, sobre todo a ponte de mando.
Agradecemos dende
aquí a labor de todos os investigadores e persoal do buque quen , con moito
cariño e paciencia, mostráronnos un pouquiño do seu traballo e resolveron ás
dúbidas dos rapaces. Grazas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario