miércoles, 14 de febrero de 2018

miércoles, 7 de febrero de 2018

Proba escrita de Plástica e Visual


Para a proba de Plástica do 6 de marzo, xa vos deixo aquí uns enlaces ao blog, onde podedes ver os apuntes

1. TEXTURAS táctiles e visuais

                                            http://plastica-art.blogspot.com.es/2012/02/texturas-visuales.html

                                            http://plastica-art.blogspot.com.es/2012/02/texturas-tactiles.html

2. COLOR:  punto 6 dos apuntes de 1º ESO: http://plastica-art.blogspot.com.es/p/apuntes-1-eso.html

Entroido


Xa chega o entroido!!!
O venres, como sabedes, o celebraremos no cole todos xuntos, polo que non esquenzades ter a punto os disfraces de animais do bosque. 
Recordarvos tamén que, como decía a nota entregada, podedes traer algún producto propio destas datas para compartir; e que os alumnos de 4º de ESO montarán un  mercadillo de 2º man para recadar fondos para a excursión de fin de curso.

viernes, 2 de febrero de 2018

Xornadas sobre a solidaridade


Aproveito este video para recordarvos que quen poida traer latas para preparar os zancos, que os traia para o martes. Dedicaremos a titoría a decoralos, se temos para todos. Eu xa teño algúns.

Quen se anima a aprender os signos desta canción??

lunes, 29 de enero de 2018

Concurso fotográfico: Fotomat

Bases para o Concurso da semana das Ciencias, Ampliación de prazos de entrega.

Vai de concursos


Neste mes estamos convidados a participar en tres concursos.
Gustaríame que vos animárades a participar en algún, xa que os hai para todos os gustos:

temos o de entroido para que lle guste máis debuxar, 
o da semana das ciencias , para quen prefira buscar lema e idea orixinal sobre as ciencias, 
e o concurso fotomat, para que prefira a fotografía. 
Déixovos a información por separado para que elixades. 

Animádevos  á participar

miércoles, 24 de enero de 2018

Solidarios con zancos

Para a organización dos xogos solidarios, necesito a vosa colaboración. 
Como? Pois traendo unha parella de latas para elaborar uns zancos. Podedes decoralos ao voso gusto ou traelos para decorar na clase. 
Seguro que quedan super chulos!!!!!

martes, 23 de enero de 2018

Cartel para o entroido


Con motivo do carnaval, a ANPA do cole proponvos crear o cartel que o anunciará.
Gustaríame recibir as vosas propostas, mostrando toda esa creatividade que levades dentro.
O prazo máximo para entregalo será o vindeiro 2 de febreiro.
Entre todos os carteis entregados faremos unha selección na clase para presentar o noso candidato á final do colexio.
Comentarvos que, igual que o curso pasado, haberá premio para o curso que mellor o faga durante o desfile. ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR!!!