lunes, 29 de enero de 2018
Vai de concursos
Neste mes estamos convidados a participar en tres concursos.
Gustaríame que vos animárades a participar en algún, xa que os hai para todos os gustos:
temos o de entroido para que lle guste máis debuxar,
o da semana das ciencias , para quen prefira buscar lema e idea orixinal sobre as ciencias,
e o concurso fotomat, para que prefira a fotografía.
Déixovos a información por separado para que elixades.
Animádevos á participar
miércoles, 24 de enero de 2018
Solidarios con zancos
Para a organización dos xogos solidarios, necesito a vosa colaboración.
Como? Pois traendo unha parella de latas para elaborar uns zancos. Podedes decoralos ao voso gusto ou traelos para decorar na clase.
Seguro que quedan super chulos!!!!!☺
Como? Pois traendo unha parella de latas para elaborar uns zancos. Podedes decoralos ao voso gusto ou traelos para decorar na clase.
Seguro que quedan super chulos!!!!!☺
martes, 23 de enero de 2018
Cartel para o entroido
Con motivo do carnaval, a ANPA do cole proponvos crear o cartel que o anunciará.
Gustaríame recibir as vosas propostas, mostrando toda esa creatividade que levades dentro.
O prazo máximo para entregalo será o vindeiro 2 de febreiro.
Entre todos os carteis entregados faremos unha selección na clase para presentar o noso candidato á final do colexio.
Comentarvos que, igual que o curso pasado, haberá premio para o curso que mellor o faga durante o desfile. ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR!!!
lunes, 22 de enero de 2018
Día Escolar da Non Violencia e da Paz
Desde 1964, para conmemorar a morte de Gandhi, celébrase o 30 de xaneiro o Día Escolar da Non Violencia e a Paz, recoñecido pola UNESCO en 1993.
Nesta data lémbrase a necesidade da educación para a tolerancia, a solidariedade, o respecto aos Dereitos Humanos, a non violencia e a paz.
O lema deste día é:
"Amor universal, non-violencia e paz.
O amor universal é mellor que o egoísmo,
a non-violencia é mellor que a violencia
e a paz é mellor que a guerra'.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)