miércoles, 31 de mayo de 2017

HORARIO DE VERÁN

Benqueridos alumnos: 
recordade que mañá comezamos o horario de verán polo que as clases darán comezo as 8:45h e rematarán as 14:10 h. 
Así que xa sabedes, hoxe, un pouquiño máis cedo para cama. 

miércoles, 17 de mayo de 2017

Calendario exámenes e recuperacións 1º ESO


Letras Galegas e Linguaxe de signos

DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Dentro da programación do mes de maio, celebramos onte un sinxelo acto conmemorativo do día das 
Letras galegas onde, despois da lectura da biografía de Carlos Casares, alumnos de 5º de EP recitaron pequenos poemas creados por eles mesmos.


Non faltaron a gaita, o tambor e a pandereta, tan representativos da nosa cultura, e que tocan moi ben Rubén, Gael e Sabela, e cancións populares como Carmiña Carmela. 

Como punto final, escoitamos o Imno galego.



LINGUAXE DE SIGNOS
Todos os alumnos de 1º de ESO queremos agradecerlle a Ana, membro da Asociación de Xordos, o achegamento á linguaxe de signos. Foi unha tarde especial na que poidemos coñecer un pouquiño o día a día dunha persoa xorda. 
Aprendemos a deletrear o noso nome, a pedir perdor, decir quérote, os días da semana, as cores,... 
O máis importante: todos nos quedamos coa sensación de querer aprender máis.
Grazas, Ana.